14 junio 2007

Confesións dun superheroe III: Un borrancho inútil contra a néboa


  • Señor conselleiro
  • Sente, Fandiño, sente. ¿Está cómodo? Infórmeme: ¿qué me pode dicir do incidente, chamémoslle así, na peaxe de Paiosaco
  • Pois mire señor conselleiro, serían as 4 da mañá e a luz da lúa chea xogaba a desvelar os segredos dunha paisaxe bretemosa.No interior da cabina, lonxe de todo e de todos, permanecía o empregado en estado de noctámbula seminconsciencia. Case non tiña traballo. Como moito cada cinco ou dez minutos pasaba un vehículo. Primeiro as luces, logo unha masa escura que se acercaba, unhas mans que saían pola ventaíña cos cartos, un saúdo e ata logo. Unha e outra vez. Como os pensamentos dun neurótico. O seu carón, un pequeno televisor teimaba por conseguir un meirande protagonismo na noite diamantina. Nese momento...
  • Dígame unha cousa, Fandiño, ¿vostede escribe? 
  • Por favor señor conselleiro, non me ofenda. Todo o mundo sabe que me deron a “Nabiza de Ouro” no certame poético de Portomouro. Ademais os meus informes, dende que estaba na academia, foron sempre considerados modélicos polo seu rigor e fermosura.
  • Xa que fala de eso, ¿como entrou no corpo? ¿Acaso por ser membro dunha minoría? 
  • Si señor entrei por iso das cotas. Xa sabe, cincuenta por cento de mulleres, vinte por cento de emigrantes, 10 por cento de descendentes de galegos e 10 por cento de gais...minoría na que milito activamente. 
  • Xa, xa sabía. Hummmm ...mire eu non son homófobo. Líbreme Deus. Pero non deixa de ser chocante que o Comisario Xefe do Grupo de Alta Investigación da Xunta e dicir, do GAIX sexa precisamente eso: gai.
  • Coincidencias, señor conselleiro, coincidencias. A vida está chea de coincidencias. Tamén e coincidencia que un coñecido personaxe a quen no noso ambiente chamaban “A Tigresa”, sexa hoxe un altísimo cargo político do país, incluso conselleiro. 
  • Mal raio... ¡Esqueza iso inmediatamente, Fandiño, e unha orde! Prosiga. Pero por favor, procure non ser tan empalagosamente lírico. 
  • Pois como ía dicindo, nese momento a cabina comezou a moverse. O noso home pillado de sorpresa só tivo tempo de agarrarse ó monitor de 14 polgadas e soltar un berro. “Outro tremor polas montañas de Lugo, manda carallo” pensou en voz alta. Pero notou algo raro, a paisaxe cambiaba a grande velocidade e nun segundo diante de el só viu a noite aberta. Lanzouse ata a fiestra e ollou para fóra: estaba no aire. A cabina converterase nun spútnik contra a noite infinita. Abaixo, en medio da serpe de asfalto, quedaba a barreira de seguridade núa e os restos da plataforma do peaxe. Pero aquelo non se movía por si mesmo ¿quen estaba termando da caseta na súa rápida ascensión? A luz da lúa alumeou a figura dun home vestido de xeito extravagante e case pegado a parede inferior do caseto voador. “¿Qué estás facendo?” berrou. “Tranquilo que non che vai pasar nada” contestoulle o outro. “¿Cómo que non me vai pasar nada? ¿Acaso é normal verse levantado do chan xunto co teu posto de traballo por unha especie de..de gaiteiro tolo?”. “Un respecto que eu non me metín contigo”. De súpeto o alcumado gaiteiro fixo un movemento brusco co que liberou o brazo dereito mentres que seguía sostendo a cabina co esquerdo. No xesto a cabina virou de forma aterradora para a dereita. Logo levou a man o ollo. “Perdoa, pero a lente me está matando”. “¿Matando? aquí o único que pode matar es ti coa túa incompetencia” “Deixemos o conto e acouga un pouco que pronto estarás en terra”. O empregado calou, non fora que o demo tentase a aquel tipo e lle dera por facer unha tolería.
  • Amigo, Fandiño ¿e non podería abreviar un pouco?. Teño consello ás 12 e xa son as 9 da mañá. 
  • Resumindo, o empregado abrigouse como puido xa que alí enriba facía un frío de mil raios e sentou no chan intentando atopar algún senso ó que lle estaba pasando. Así pasou máis ou menos media hora. Finalmente notou que iniciaban o descenso. Foi unha aterraxe maxestosa. Primeiro o home voador cun fermoso movemento de xeonllos e logo a cabina, agarimosamente depositada como niño de paxaro na herba húmida. “¿E agora que?” comentou o empregado aínda sorprendido pola feliz manobra.”Agora nada, ti espera que xa te virán recoller”. “¿Pero onde estou?”.”No cumio do Monte Neme, xustamente onde estaba a Eira das Meigas, lugar de encontro das meigas galegas durante séculos"." Que ben, eu non son meiga e non sei como vou saír de aquí sen unha miserable luz. Estas cousas fanse pola mañá home". “¿Non trouxeches móbil? ”. “¿A quén sobornaches para aprobar as oposicións a superheroe? Se tivese un móbil xa houbera chamado e teríanme atopado, compañeiro.. “Pois terás que esperar. Eu marcho. Por certo, cando che pregunten quen foi o home que te deixo neste monte fálalles de Ultragalego, un badulaque convertido en superheroe por amor á terra dos seus devanceiros e que por tanto non soporta que as estradas que viron pasar as lexións romanas sexan hoxe propiedade privada de especuladores de toda lei e condición“
  • Iso sóame moi subversivo e algo quixotesco, Fandiño
  • Así foi, conselleiro. 
  • Termine xa, POR FAVOR. 
  • Remato. O tal Ultragalego saíu voando como foguete de festa mentres o amencer, con traxe vermello, ía espreguizándose no horizonte. Abaixo quedaba un home apampado. Un borrancho inútil contra a néboa.

10 comments:

  1. ¡Moi ben feito, si señor! ¡Viva ultragalego!

    Pero home, ben poido ter avisado de antes o pobre operario da peaxe; que de seguro lle fixo vostede estragar uns calzóns

    ResponderEliminar
  2. Cale, cale que de seguro acabou nalgún programa de esos de TV. na mediatarde e pillou cartos como para ter muda nova ata a xubilación. Incluso ao mellor pode sair un día espido na portada do Interviu. Pense na galega de Cancún a tal Ana María Rios.

    ResponderEliminar
  3. E unha magoa que no diccionario no se alcance a discernir cando o orgullo e simplemente orgullo, e cando e dignidade.

    ResponderEliminar
  4. Deíxame apampado Corsario ainda que supoño que o diccionario non pode reflexar a realidade do mesmo xeito que non pode facelo a linguaxe escrita.

    ResponderEliminar
  5. yo... es que me lo como... me lo como en pepitoria a este superheroe... cauenlamarsalada... que más quisiera el Supermán, el de la tela de araña, que no me acuerdo como se llama, el Flash Gordon, Mortadelo y Filemón y Rompetechos parecerse una miaja... la Xunta lo tiene xungo...

    me encanta leeros en gallego aunque he de reconocer que si no fuera por un superhéroe me costaría más tiempo leer.

    Bicos

    ResponderEliminar
  6. Disculpe, Ultragalego es intocable e intachable. Las malas lenguas incluso dicen que después de cada misión es introducido en una urna acristalada para que no pueda sufrir los embates del tiempo. Cochina mentira, es un hombre común aunque sabe ponerse en situación cuando la ocasión lo requiere.
    Saludos a la noble nación de Liantia

    ResponderEliminar
  7. Bueno, ¡ el video es buenísimo !

    Casi me atraganto de la risa. ¿ Existen los Blood Filloas ? Esos niñatos del video, ¿ ya con ese talento ?.

    Está claro, cuando el andamio no aprieta, el ingenio sale a borbotones.

    Sí, hace falta ser un héroe todos los días, para asumir la liturgia de los quehaceres cotidianos. Suerte de los abnegados/as papás y mamás.

    Ultragalego: ¡ Desengañe a estos niños ! ¡ Por pura filantropía !. Dígales lo poco rentable que resulta ser héroe.

    Ya ve, de usted se burla todo el mundo.

    Hasta ese pobre empleado estupefacto en su cabina, le echa en cara su ineficacia. ¡ Esas cosas se hacen por la mañana, hombre ! ¿ A quien ha sobornado para sacar la oposición?

    Quitar el peaje de las autopistas es más difícil que aumentar el CI de George Bush.

    No hay héroe en el mundo capaz de conseguirlo. Pero no está mal la alianza: ironía & impotencia.

    ¡ Hasta la próxima superhéroe !

    ResponderEliminar
  8. Ese vídeo es del año 1996 con lo cual los componentes de ese grupo si siguen sufriendo una situación parecida seguro que será desde el otro lado de la mesa, con sus propios hijos.
    Ultragalego es un personaje que vive en perpetua gratuidad. Es gratuito como lo es el propio mundo y no tiene vocación de redentor. Lo único que le importa es ser y para llegar a ser está dispusto a pasar por toda clase de humillaciones. Más que un superhéroe es un santo laico.

    ResponderEliminar
  9. Jejejejejejeej,muy bueno, mucha güasa y si muy ajustadico eso de "Lo único que le importa es ser y para llegar a ser está dispusto a pasar por toda clase de humillaciones".

    ResponderEliminar
  10. Los santos, los artistas, los literatos, los políticos, el que deja su huella en Internet sólo pretende que se reconozca su ser en el mundo. Es tan importante el ser que estamos dispuestos a todo para conseguirlo. Es nuestro único modelo de supervivencia frente a la atrocidad de la muerte. Incluso aquellos que hacen bandera de la negación del mundo y de los hombres están atados al ser como viles prisioneros sin escapatoria posible.

    ResponderEliminar