skip to main |
skip to sidebar
Confesións dun superheroe VI: Balsa de aceite
-Non podemos acercarnos máis ao barco sen perigo, señor conselleiro.
-Moi ben, capitán. Fondee aquí.
Sueiro, que vaian todos a cuberta ata que lles demos aviso. As sirenas dos pesqueiros soarán cando cheguen as manchas.
-Co debido respecto, señor conselleiro, pero non vexo que este sexa o mellor sistema para combater o derrame de petróleo.
-Imos ver, ¿cantas veces terei que dicirlle que me limito a cumprir as ordes do noso presidente? ¿E supoño que vostede non terá dúbidas sobre a capacidade que ten él de elixir sempre as mellores solucións?
-Por suposto, señor conselleiro, por suposto. Líbreme o ceo de pensar outra cousa. Con todo, e perdoe a franqueza, a xente, os medios e a oposición pensan que facemos isto porque gastamos todos os cartos no monte ese e xa non temos cartos para outras solucións máis axeitadas e verosímiles.
-Sueiro, levamos moitos anos gobernando. Dígame, ¿cándo fixemos caso dos comentarios da xente?
-E certo, señor conselleiro, ten toda a razón.
-Pois continúe obedecendo as ordes e se cadra algún día celebraremos todos a súa chegada a postos de meirande responsabilidade. -------------------------
-¿Cómo vai todo, conselleiro? Estou reunido en consello, no meu despacho, e os seus compañeiros adoecen por ter novas do noso plan.
-Moi ben, presidente. Os gaiteiros xa están ensaiando na cuberta. Cando nos avisen que chegan as manchas, tocarán todo o tempo que sexa necesario ata conseguir que muden a ruta e tornen a mar aberto.
¿Con que prefire que empecemos, cun alalá ou cunha muiñeira?-Ten que ser algo moi enxebre, moi noso, moi ...moi de dentro.
- Tranquilo, presidente, non lle defraudaremos.
-------------------------
-¿Qué pasa, conselleiro? ¿Cómo vai iso? Non temos noticias súas dende as tres.
-E que...
-¿E que , qué?
-E que...presidente, pasou algo imprevisto. Logo de que as bandas comezaran co Alalá das Mariñas chegounos un estoupido tremendo, fortísimo. Miramos o ceo e vimos un home voador.-¿Un home voador? ¿Non sería Ultragalego?
-Sí, era Ultragalego e levaba tras él unha morea de nubes que facían ise ruido tan forte ao chocar entre elas. El levaba un bastón dourado do que saían faíscas e que usaba cando algunha alonxábase demasiado das outras.-Ou sexa pastor de nubes. ¿Vostede toma por tonto ao presidente que o colocou onde está?
-E verídico, presidente.
Prosigo, co seu permiso. Chegou onde as manchas fixo un áceno coa vara e notamos un ruido como de absorción dende as nubes. Nun segundo as manchas, todas as manchas, érgeronse do mar e sairon cara as nubes de xeito abraiante. Estas ennegreceron, é logo dun bo rato, xa ben gordas, marcharon elas soas con rumbo descoñecido dirixidas dende a distancia polos berros de Ultragalego.
Logo chegou o do barco...-¿Tamén fixo voar o barco?
-Non, nese caso amarroulle a proa un cabo do grosor ,como de catro homes repoludos, e así guindado no aire levouno a toda velocidade sobre o mar ata non sabemos donde, xa que lle perdimos a pista.Agora todo está limpo e despexado.-¿ Es os helicópteros?
-Os helicóptero perderon a súa pista nun banco de néboa.
¿Qué imos facer, presidente?.- Pois volver ao porto co noso mellor sorriso e na roda de prensa posterior falaremos de que se trata dun éxito máis deste goberno que co seu esforzo continuado e as súas medidas, as veces arriscadas, está convertendo este país nun territorio próspero e tranquilo. En definitiva: Galicia xa é unha auténtica balsa de aceite. ¿Está de acordo, conselleiro?
-Por suposto, presidente, por suposto.
-------------------------
Menos mal que sempre nos quedara Ultragalego.
ResponderEliminarA falta de pan boas son tortas.
ResponderEliminar