16 noviembre 2007

Confesións dun superheroe VI: Balsa de aceite


-Non podemos acercarnos máis ao barco sen perigo, señor conselleiro.

-Moi ben, capitán. Fondee aquí.
Sueiro, que vaian todos a cuberta ata que lles demos aviso. As sirenas dos pesqueiros soarán cando cheguen as manchas.


-Co debido respecto, señor conselleiro, pero non vexo que este sexa o mellor sistema para combater o derrame de petróleo.


-Imos ver, ¿cantas veces terei que dicirlle que me limito a cumprir as ordes do noso presidente? ¿E supoño que vostede non terá dúbidas sobre a capacidade que ten él de elixir sempre as mellores solucións?


-Por suposto, señor conselleiro, por suposto. Líbreme o ceo de pensar outra cousa. Con todo, e perdoe a franqueza, a xente, os medios e a oposición pensan que facemos isto porque gastamos todos os cartos no monte ese e xa non temos cartos para outras solucións máis axeitadas e verosímiles.


-Sueiro, levamos moitos anos gobernando. Dígame, ¿cándo fixemos caso dos comentarios da xente?


-E certo, señor conselleiro, ten toda a razón.


-Pois continúe obedecendo as ordes e se cadra algún día celebraremos todos a súa chegada a postos de meirande responsabilidade.
-------------------------

-¿Cómo vai todo, conselleiro? Estou reunido en consello, no meu despacho, e os seus compañeiros adoecen por ter novas do noso plan.

-Moi ben, presidente. Os gaiteiros xa están ensaiando na cuberta. Cando nos avisen que chegan as manchas, tocarán todo o tempo que sexa necesario ata conseguir que muden a ruta e tornen a mar aberto.
¿Con que prefire que empecemos, cun alalá ou cunha muiñeira?
-Ten que ser algo moi enxebre, moi noso, moi ...moi de dentro.

- Tranquilo, presidente, non lle defraudaremos.

-------------------------


-¿Qué pasa, conselleiro? ¿Cómo vai iso? Non temos noticias súas dende as tres.

-E que...

-¿E que , qué?

-E que...presidente, pasou algo imprevisto. Logo de que as bandas comezaran co Alalá das Mariñas chegounos un estoupido tremendo, fortísimo. Miramos o ceo e vimos un home voador.
-¿Un home voador? ¿Non sería Ultragalego?

-
Sí, era Ultragalego e levaba tras él unha morea de nubes que facían ise ruido tan forte ao chocar entre elas. El levaba un bastón dourado do que saían faíscas e que usaba cando algunha alonxábase demasiado das outras.-Ou sexa pastor de nubes. ¿Vostede toma por tonto ao presidente que o colocou onde está?

-
E verídico, presidente.
Prosigo, co seu permiso. Chegou onde as manchas fixo un áceno coa vara e notamos un ruido como de absorción dende as nubes. Nun segundo as manchas, todas as manchas, érgeronse do mar e sairon cara as nubes de xeito abraiante. Estas ennegreceron, é logo dun bo rato, xa ben gordas, marcharon elas soas con rumbo descoñecido dirixidas dende a distancia polos berros de Ultragalego.
Logo chegou o do barco...
-¿Tamén fixo voar o barco?

-Non, nese caso amarroulle
a proa un cabo do grosor ,como de catro homes repoludos, e así guindado no aire levouno a toda velocidade sobre o mar ata non sabemos donde, xa que lle perdimos a pista.Agora todo está limpo e despexado.-¿ Es os helicópteros?

-Os helicóptero perderon a súa pista nun banco de néboa.
¿Qué imos facer, presidente?.
- Pois volver ao porto co noso mellor sorriso e na roda de prensa posterior falaremos de que se trata dun éxito máis deste goberno que co seu esforzo continuado e as súas medidas, as veces arriscadas, está convertendo este país nun territorio próspero e tranquilo. En definitiva: Galicia xa é unha auténtica balsa de aceite. ¿Está de acordo, conselleiro?

-Por suposto, presidente, por suposto.


-------------------------


2 comentarios: