23 mayo 2007

Confesións dun superheroe


Xa sei que pensades que isto de ser un superhéroe é unha cousa ben doada. Basta con poñerse o disfraz e ala...¡a voar!. ¡Qué trabucados estades! Debedes crer que os criminais son parvos. Como se estiveran agardándonos cos brazos abertos, cando en medio das súas falcatruadas, aparecemos para mallalos en nome da lei, a xustiza e non sei que cousas máis.

Por certo, gustaríame veros a vos, voando nas noites de inverno sen rumbo fixo e cun frío que xea ata os pensamentos. E cando chove, e se te mollan as mallas e o mellor acabas collendo un gripazo de mil diaños que che deixa espotroado na cama durante catro ou cinco días. 
Non queridiños non, os superheroes non pillamos baixas por enfermidade porque non estamos na Seguridade Social. Tampouco podemos ter seguro privado pola altos riscos no noso traballo. Tan siquera somos profesionais, logo do rebumbio das noites, temos que voltar pola mañanciña á rutina dun traballo case sempre gris e aburrido, e dicir como todos.

Si, non vos estrañe, o voso benquerido Ultragalego é un tipo normal cando deixa a capa e o traxe de gala. Cando saca a camisa, as cirolas, o calzón, o chaleco, a chaqueta,  a faixa, e a tella da cabeza. Vaia ocorrencia a do anano obrigándome a levar semellantes farrapos. Mira que teimei dicíndolle que dese xeito ninguén me ía tomar en serio. Pero el nin caso, tiña que ser un superhome enxebre e non había máis que falar. Se coa miña facha puidese polo menos apañar algunha subvención da Xunta; porque digo eu, se hai cartos para a cría de miñocas...¿por qué non habería de habelos para un heroe tan choqueiro coma mín? Calei, estes fulanos cativos sonche moi rabudos e aínda que o meu anano non tiña pinta de funcionario avant la letre , dubido moito que quixera atender as miñas poderosas e xustas razóns.

Sigo pensando que estou ridículo e que se é por buscar algo que mostrase a miña condición de home do país bastaría co acento, pero non podo elexir. Terei que aturar, calar e seguir para adiante ...como bo galego que son.

19 comments:

  1. Bien que le comprendo Sr. Héroe, en realidad yo también soy una heroína, únicamente que al no declarar mi condición e inmiscuirme entre los mortales, tengo Seguridad Social y derecho al subsidio por desempleo.

    Pero no llegará el caso de cobrar ese subsidio. Cotizo por ocultar ante los demás -héroes o no- mi verdadera condición de heroína. Porque estoy, estamos, condenados a luchar de por vida contra nosotros mismos, contra lo que consideramos injusto y a favor de esas leyes éticas que adoptamos.

    ¡Mal empleo nos hemos buscado! ;)

    ResponderEliminar
  2. ¡ Vaya héroes/heroínas más quejicas !

    O sea, que quieren salirse de lo normal, y después reclaman lo que tienen todos los normales. ¡ Qué decepción !

    Ser héroe, lleva implícito altruismo, renuncia, generosidad y desagradecimiento del prójimo. ¿ O que esperaban ?. ¿ A la ciudadanía haciéndoles la ola ?

    ¿ De dónde han salido ustedes ? ¿ Del parvulito de Pitufilandia ?

    Y encima el Ultragalego se queja que los criminales se le resisten.

    ¡ Tirade o misto, carallo ! ( Ni siquiera sé si se escribe así )

    ¡ Va usted servido !. ¿ Pirómanos sumisos y respetando a los representantes de la ley ? Juaaaaaaaaaa !

    ¡ Con dos... ! ¡ Y olvídese del subsidio buen hombre ! ¡ Déjenoslo al resto, a los pobres mequetrefes a los que la única heroicidad que nos interesa es que nos dejen en paz !

    Ah, y los héroes no tienen frío. Su valentía, su coraje y su filantropía son el impermeable de mayor densidad del mundo mundial.

    ¡ A las buenas tardes !.

    Y pidan plaza en la hostelería, eso sí que es ser un/a héroe/heroína.

    ResponderEliminar
  3. Felicidades heroína Cristina. Comprenda que Ultragalego es un héroe con aspiraciones espúreas: en el fondo quisiera ser funcionario, ,preferiblemente grupo A, con derecho a que se le reconozcan las horas extras y demás.
    Un superhéroe de pacotilla, demasiado humano, para ser debidamente superhumano.

    Le deseo que cobre usted su subsidio y que por favor, le tengan en cuenta todo lo que hace cada día para que el mundo vaya un poco mejor.

    ResponderEliminar
  4. Lo del ful de blog tiene toda la pinta de haber sido escrito por mi colega y adversario en las lides científicas: el Dr. Lakancito Kasposín. Por eso no le voy a hacer mucho caso, en el fondo quiere que le den el Nobel antes que a mí. Jajajaja...es un buen chico, pero algo envidioso de mi éxito.

    ResponderEliminar
  5. ¿Se cree usted que Batman, Superman o Spiderman no tienen problemas de estómago o de hemorroides? ¿Acaso Superman cuando sufre los efectos de la kriptonita no guarda cama hasta recuperarse? ¿Entonces por qué Batman que es multimillonario, necesita de un mayordomo que esté permanentemente atento a cada una de sus problemas? Y ya ve que no le hablo de Robin para no despertar las maledicencias de nadie.
    Estos superhumanos son cansinamente humanos y este doctorcito se ha limitado a exponer la queja de uno de ellos, quizás no el más prepotente aunque sí asquerosamente consciente de sus limitaciones.

    ResponderEliminar
  6. Que dolenta es l'enveja, deu meu senyor, i que tirana es torna que ni tan sols permet la queixa d'un super heroi!

    No te dejes apabullar Doktor... quien no entienda que un superhéroes tiene todo el derecho del mundo a quejarse y a admitir que está jodido no podrá ni llegará nunca a ser un superhéroe...

    Un beso entintado de mercromina y un abrazo de tiritas.

    ResponderEliminar
  7. Os superheroes, viven tempos difíciles. Sós ante eles mesmos, teñen que aturar as mofas dos propios interesados, que case que nunca fanse merecedores de defensa algunha.

    Con ese nome que elixiu, a bo seguro terase que agochar ven en epoca electoral; pois agora que tanto se leva iso do pratriotismo... imaxino que so rifaran como cadela en celo.

    Un saudo.

    Corsario

    ResponderEliminar
  8. Gracias embolic
    Para ser superhumano hay que ser muy humano y ¿qué hay más humano que asumir las propias imperfecciones como algo necesario para tirar para adelante?

    ResponderEliminar
  9. Gracias corsario.
    Como bo galego teño que ser posibilista e non maximalista e como tal teño que recoñecer que non viria nada mal unha subvención da Xunta. ¿O acaso non a merezco?

    ResponderEliminar
  10. Claro ca merece, por iso non ya dan.

    Corsario.

    ResponderEliminar
  11. Voltan os superheróres

    Certo é que acadar a condición de superheroe non merece o desprezo senón o recoñecemento dos demáis. Quen pode apreciar, que nas verbas do anfitrión do blog, non se rivindica a condición do heroe galego. De cero devo lambrarte amigo, que non falas de Alambique man, mariscon ou porquina eses grandes heroes da telegaita tan galegos. Non lembrades os heróes galegos. ¿Quén de vos é o máis galego?

    ResponderEliminar
  12. Está moi ben levado. Os temas son cotiás, frescos e divertidos. Ademáis e bilingüe, qué máis poderiamos esperar.
    Sobre os superheroes, e as miserias que teñen que soportar ¿qué me vas contar a mín que xa estou afeita a todo?.
    E de subvencións da Xunta, nin soñes con elas.Non cho digo por roubar entusiasmo ás túas intencións. E que eu xa as pedín, pero dixéronme que por facer a parva polo mundo adiante non hai nada.
    O mellor é que sigas escribindo, deixando a alma en cada anaco de texto, espido e inxenuo ante o mundo.
    Un saúdo de quen está a coñecerte mellor.

    ResponderEliminar
  13. En realidade amigo Anónimo, o meu modelo fundacional como heroe e o Xabarín co que teño unha grande cantidade de semellanzas. Eu como él teño un gran bandullo para aturar con retranca as duras leccións da vida. Eu como él son gaiteiro, falangueiro, e algo punkeiro.Gústame a festa rachada e os murmurios secretos. A melancolía e o extase. Nada novo. Un home calquera pero con certos poderes ao mellor non debidamente aproveitados

    ResponderEliminar
  14. Gracias Maripili.
    E xa sabes, se tes algún problema cos poderes públicos pásate por aquí é veremos o que Ultragalego pode facer para axudarte.

    ResponderEliminar
  15. Corsario é un gran sabio, ahahhahahaa, non sabes canto rin lendo a túa resposta ao da subvención.
    Un saludo, y otro para embolic; bueno, también para los demás, que seguramente conozca a alguno que otro...

    ResponderEliminar
  16. Bonita página, aunque me cuesta mucho leer comprensivamente cuando escribes en gallego, sin embargo si voy despacio creo que me voy defendiendo.
    Bikiños, se dice así, ¿verdad?

    ResponderEliminar
  17. Para el último Anónimo:

    Pasaniño, paseniño faise o camiño es decir, pasito a pasito se hace el caminito.

    Gracias por el esfuerzo
    DK

    ResponderEliminar
  18. Uff... yo prefería vivir en la ignorancia de los problemas de Súperheroe.- seguir pensando que una vez puesta su capa lo pueden todo, seguir creyendo en ellos como en los Reyes Magos. Con la falta que nos hacen... tanto malote suelto...

    ResponderEliminar