Xan Touciño Sueiro, nado en Malpica de Bergantiños no 2001 e falecido na colonia espacial de Grelicia o 29 de febreiro de 2087, foi un inventor, filántropo e home de empresa galego coñecido mundialmente tanto por ser o creador dunha nova fonte enerxética: o Greloleo como por ser pioneiro na colonización das lúas do planeta Saturno.
Os Comezos
Fillo de mariñeiros, Xan viviu na Costa da Morte ata terminar o ensino medio. Intentou estudar a carreira de dereito pero despois dun tempo de dúbidas, decidiu marchar a USA xa que non tiña vocación para ningunha das tres únicas alternativas profesionais para os novos licenciados da subdesenrolada Galicia da terceira década do século XXI. E dicir: funcionario, interino ou subvencionado polo Estado tras catástrofe ecolóxica.
Vida profesional
Primeiro estivo en Nova Iorque traballando no sector eléctrico, logo pasou a Beverly Hills (Os Anxeles), convertendose en pouco tempo no "electricista das estrelas" pero inquedo como poucos, decidiu marchar ao Medio Oeste onde cos seus aforros montou en Lincoln (Nebraska) unha empresa dedicada á fabricación de cadeiras eléctricas . A grande calidade destas, convertiuno no meirande proveedor de cadeiras eléctricas do país. Coñecido desde entón polo alcume do "Stradivarius da morte" o éxito foi tal, que moitos estados decidiron cambiar os seus modernos métodos de execución e volver ao vello invento de Harold P. Brown. En moi pouco tempo, Xan Touciño lanzouse a exportación a China -país tradicionalmente máis amigo de pelotóns de fusilamento e enterramentos en vida- e co tempo chegaron pedidos dos paises árabes sustituindo ao vellos métodos de lapidación ou aforcamento.
O Greloleo
Dez anos máis tarde xa era un dos homes máis ricos do mundo. Como bo indiano acabou mercando un pazo abandonado. No seu caso un de vella historia: o Pazo de Raxoi que fora sede do goberno galego antes do asolagamento da cidade de Santiago de Compostela. O pazo converteuse na súa residencia de verán e co tempo en lugar de meditación e refuxio en outras épocas do ano. Un día, recén llegado de USA, organizou clandestinamente unha laconada como as que se facian antes da prohibición da carne de porco. Para repousar despois da descomunal enchenta, decidiu sentarse debaixo dun daqueles fermosas árbores que había na súa facenda no antigo Parque da Ferradura. Mentres facía a dificil dixestión empezou a matinar sobre o poder dos grelos como productor de gases no organismo. Vintetres horas despois estaba no seu laboratorio de Lincoln co seu equipo de de científicos e en tres semanas xa tiña patentado o Greloleo, unha poderosísima nova fonte de enerxía da que gardou a fórmula secreta para poder conservar o monopolio do seu uso. Inmediatemente fundou a Turnip and Nabiza Company (TU.NA.CO) e o mundo púxose aos seus pés.
Retorno a terra
Xan Touciño por aquela, xa en plena cincuentena, decidiu voltar a súa terra por morriña pero tamén por ser Galicia a terra ideal para a producción de grelos, a única materia prima posible do Greloleo.
Comprou miles de hectareas abandonadas no despoblado interior é comezou a producción masiva do Greloleo en factorías construidas cerca das vellas vilas abandonadas. Houbo un terremoto económico, caeron as cotizacións do resto de combustibles e o Greloleo fixo ricos aos ata entón pobres galegos. A chegada da riqueza cambiou a mentalidade aparente da xente do pequeno territorio. Deixaron de chorimicar como solían e moitos decidiron abandonaron os camiños previsibles intentando levar a cabo ideas ata entón consideradas pouco prácticas ou decididamente utópicas.
Os derradeiros anos
Cando parecía que Xan Touciño ía dar o relevo as novas xeracións, levou a cabo unha derradeira xenialidade: comprou como ferralla unha morea de satélites artificiais para construir así unha nave inmensa: o Arrecú 01. Despois das correspondentes autorizacións das Nacións Unidas e tal como se fora unha nova Arca de Noé despegou rumbo a X-24, unha pequena lúa de Saturno pertencente ao grupo de satélites que co nome de Gallic están na parte máis alonxada da órbita do planeta. Con él foron centos de galegos e galegas, sen traballo fixo, que querían iniciar unha nova vida naquel territorio ignoto finalmente chamado Grelicia. Alí, dous anos despois da chegada daqueles homes, morreu Xan Touciño. Na enterro sonou a gaita, a zanfoña e o tamboril; e logo do derrame das cinzas, celebrouse -tal como pedira o fundador- a máis tremebunda laconada que coñeceu nunca o espacio exterior. O que pasou logo ...é outra historia.
Agua del río que pasa
Hace 3 horas
muy bueno tu blog
ResponderEliminarhttp://www.laconchadelasloras.blogspot.com/
http://www.laconchadelasloras.blogspot.com/
http://www.laconchadelasloras.blogspot.com/
Gracias
ResponderEliminar