- ¡¡¡Non cabemos máis!!!
- ¡¡¡Temos dereito!!! Levamos moito tempo esperando e agora chegou a nosa oportunidade
- Non cabemos máis, o armatoste non da máis de sí e a máquina pode estoupar
- Ese non é o noso problema. Loitamos, gañamos a nosa praza e agora queremos o que lexitimamente nos corresponde
- E imposible, isto está cheo
- Apretade os petos. Encollede o bandullo. Xa veredes como todos temos sitio de sobra
- ¿Por quen nos tomades? A nosa antigüedade garantiza o espacio ocupado polos nosos corpos
- Botade entonces aos interinos e veredes como hai sitio para todos
- Iso é absurdo, os interinos son os únicos que saben manexar a máquina
- ¿Ninguén con praza manexa a máquina?.Entón ¿cal é o voso traballo??
- Depende. Uns vixian aos que manexan a máquina, outros supervisan aos que vixian o manexo da máquina, logo están os coordinadores dos supervisores que vixian aos que manexan a máquina e finalmente están os que dirixen aos coordinadores dos supervisores que vixian aos que manexan a máquina. Cada un temos unha función específica e non podemos facer un traballo que non nos corresponde según función, categoría e salario
- ¿E os dos sindicatos non fan nada?
- Deixádeos tranquiliños. Eles xa fan bastante repartindo sorrisos e poñendo cara de esforzo cando non fan nada, para que encima lles esixamos facer cousas importantes.
- Entón, non hai saída. Isto vai rebentar
- Pode. Pero mentres estemos aquí quentiños, lonxe da friaxe de fora ...¿qué nos importa o que poida pasar?
entrega en el día
Hace 6 horas
Que certo. :-(
ResponderEliminarMe gustó y mucho... la parábola??? historia? cuento? acertijo.
ResponderEliminarMe gustó y mucho poder leerlo en gallego.
Cuando estés generoso... ¿me lo prestas para mi capsa màgica?