20 agosto 2006

XXXI edición dos Premios Galegos de Piromanía


A asociación empresarial P.I.R.A. (Promotores Inmobiliarios Reunidos Amigablemente) convoca a XXXI edición dos Premios Galegos de Piromanía

Requerimentos
· Poderán optar os premios os maiores de idade, naturais e/ou residentes na nosa comunidade autónoma
· Non se discriminará a participación de ningunha persoa por razóns de raza, sexo, relixión, ideoloxía política, estatus económico ou anomalías psíquicas.
· Os concursantes acreditarán ter realizado a lo menos un incendio forestal dende a finalización da convocatoria anterior.

Premios
· Premio misto de ouro con busto do emperador Nerón a persoa que poda acreditar un mayor volume de superficie queimada medida en hectáreas
· Premio misto de prata con busto de Girolamo Savonarola a persoa que poda acreditar unha mellor calidade no material queimado valorándose especialmente os danos producidos en terreos ecolóxicamente valiosos (masas forestais protexidas, árbores centenarias, bosques autóctonos, etc.)
· Premio misto de bronce con busto de homenaxe o pirómano descoñecido a persoa que poda acreditar a realización dun meirande número de incendios en menor número de tempo sen ser pillado polas forzas de orde pública

Fallo
· O fallo terá lugar na primeira quincena de Agosto na xa tradicional Semana da Queima. O acto contará coa presenza dás principais autoridades da comunidade autónoma, sendo presidido polo presidente da Xunta ou no seu caso polo conselleiro do ramo. Previo o acto de entrega de galardóns, os partidos políticos obsequiaran á concurrencia cunha singular batalla verbal onde se escenificará a archiconocida obra “A culpa é túa, túa, túa e soamente túa

1 comentarios:

  1. Pois xa están na Zapateira, ao lado da Coruña; serán os do Casino?
    PI

    ResponderEliminar