- Miñas señoras. Meus queridiños. Son as 9 da mañá, hora galega, e principia aquí…o seu proceso…de DES-CRI-ONI-ZA-CION (Soan as gaitas) A nave estelar Orzán 739 voa na órbita do planeta Saturno a 50.000 km. por segundo, rumbo a estación espacial Touciño XLVII que se atopa a carón do noso satélite agrario Grelicia. (Seguen as gaitas) Amigos e amigas, rogámoslles que non se movan das súas vaíñas ata que non remate o proceso. Mentres, amenizarémoslle o tempo con música e imaxes da nosa terra.Principiaremos con unha doce e saúdosa melodía que facía chorar de ledicia aos nosos devanceiros. Faloulles X.A.N.-04 ordenador central da nave, o seu compañeiro e amigo.
- ¡¡¡Veña comandante, non sexa preguiciero!!! ¡¡¡Ai Virtudes, lambona, agora xa semellas unha pescada ben gorda!!! He,he,he,he.
- Adrianciño...¿segues aí?
- Claro, ¿onde se non?
- Ai meu rei, ¿e preciso iste aldraxe? Primeiro conxelannos. Algo moi pero que moi desagradable, xa que sempre oín dicir que as cousas conxeladas non teñen a mesma calidade que as frescas. ¿Qué pasará co meu cutis de rosa?
- Virtudiñas, miña xoia, o nosos corpos non sinten o paso dos anos luz, ben o sabes. Dende hai moito tempo temos crionización e aínda non se demostrou ningún efecto secundario.
- ¡Qué parvo es, Adrianciño!. Como que cho ían dicir a ti se o soubesen. A fin de contas só es un taxista espacial levando peixes gordos e secretos dun lugar a outro do Sistema Solar
- ¡¡Son Comandante estelar, Virtuditas!! Gañei o meu traxe dourado gracias ó meu longo currículo profesional nas Forzas Aeroespaciais Galegas. Participei nas guerras entre funcionarios e internos no ano 2124 ¿Cómo podes dicir iso coñecendo a miña folla de servicios?
- Dígoo porque o penso.¡¡Valente merda!! O meu sobriño Agostiño, fillo da miña irmá Remedios, sen tanto bombo hai tres anos que é vicesecretario terceiro do vicegobernador sustituto na decimoquinta lúa de Saturno. Amais de todo, ¿queres que che diga unha cousa? ...o traxe dourado faite máis gordo.
- ¡¡Déixate de lerias, Virtuditas!! Menos mal que non poden oirnos os outros.Perdería toda a autoridade que teño coa tripulación
- Sí lerias. A única leria é que estamos neste viaxe ao quinto inferno tendo que aturar a ese merda de ordenador que o fai todo e se cre graciosiño coas súas andromenas simplonas. Claro, o SEÑOR COMANDANTE non ten capacidade suficiente para levar a nave el só
- ¿Cómo podes dicir iso, Virtudiñas? X.A.N.-04 é o único instrumento posible para poder percorrer distancias siderais sen perigo. ¿Quén se ía encargar de todos os complexos sistemas da nave mentres estamos crionizados
- Adrianciño ¡¡por Deus!!.Faltoume ao respeto. E un relambido con ese ton fachendoso e perdoavidas. E pedante, estúpido. Lémbrame o personaxe que había naquela película dos tempos antigos. Aquela de Ulises e os Cabaleiros da Táboa Redonda.
- Ai miña raíña ¡¡vaia rebumbio tes na cabeza!!. Deberias saber que a voz de Xan-04 e así porque e cuspidiña á que tiña un presentador lexendario da antiga TVG. Un pequenete feo, con voz de corvo, que facía concursos e regalaba cartos as vellas pensionistas. Por outro lado, non confundas Odisea 2001 que si é unha película antiga, con a Odisea de Ulises que un conto heroico e que a súa vez non ten que ver coas historias dos Cabaleiros da Táboa Redonda que se desenrolaron nun tempo moi distinto
- Adrianciño, meu tesouro ...¡es tan sexy cando falas en ton transcendente!
- Virtuditas, miña xoia, eu non falo en ton transcendente. Só me remito os feitos.
- Ben Adrianciño, falemos de feitos entón. ¿Por qué teremos que permanecer tanto tempo nese planeta de merda? Porque unha cousa é levar a eses señores e outra moi diferente que nos obriguen a estar alí polo menos un ano. ¡¡Un ano, Adrianciño, un ano!! ¡¡Un ano lonxe da nosa casa!! ¡¡un ano lonxe das nosas cousas, dos nosos amigos!!. ¡¡Un ano perdido nun satélite, onde só hai plantacións de grelos!! ¡¡Infinitos millóns de grelos!! Non volverei a comer grelos na miña vida. ¿Daste conta, Adrianciño?
- X.A.N.-04., faga ao favor: volva a crionizar a miña muller.
- Pero comandante...
- Sen réplicas.
- ¿Qué vas facer, Adrian? ¿Qué vas facer? ¡¡¡Toleache!!!
- Non teño outra opcíon , Virtudiñas. O delegado gubernativo ten unha difícil misión, xa que no caso de triunfar a revolta, o santo de Villalba non o queira, perderiamos a nosa principal fonte de recursos enerxéticos e Galiza deixaría de ser a superpotencia que é agora. Tes que recoñécelo, miña xoia, miña alma, meu corazón non é que sexas mala pero lurpia ...es dabondo. ¿Nonsi?
Para máis información: Xan Touciño Sueiro (Na Utopedia: a enciclopedia maligna)
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------