31 mayo 2007

Odisea especial I


  • Miñas señoras. Meus queridiños. Son as 9 da mañá, hora galega, e principia aquí…o seu proceso…de DES-CRI-ONI-ZA-CION (Soan as gaitas) A nave estelar Orzán 739 voa na órbita do planeta Saturno a 50.000 km. por segundo, rumbo a estación espacial Touciño XLVII que se atopa a carón do noso satélite agrario Grelicia. (Seguen as gaitas) Amigos e amigas, rogámoslles que non se movan das súas vaíñas ata que non remate o proceso. Mentres, amenizarémoslle o tempo con música e imaxes da nosa terra.Principiaremos con unha doce e saúdosa melodía que facía chorar de ledicia aos nosos devanceiros. Faloulles X.A.N.-04 ordenador central da nave, o seu compañeiro e amigo.  
  • ¡¡¡Veña comandante, non sexa preguiciero!!! ¡¡¡Ai Virtudes, lambona, agora xa semellas unha pescada ben gorda!!! He,he,he,he. 
  • Adrianciño...¿segues aí? 
  • Claro, ¿onde se non? 
  • Ai meu rei, ¿e preciso iste aldraxe? Primeiro conxelannos. Algo moi pero que moi desagradable, xa que sempre oín dicir que as cousas conxeladas non teñen a mesma calidade que as frescas. ¿Qué pasará co meu cutis de rosa? 
  • Virtuditas, miña xoia, o nosos corpos non sinten o paso dos anos luz, ben o sabes. Dende hai moito tempo temos crionización e aínda non se demostrou ningún efecto secundario. 
  • ¡Qué parvo es, Adrianciño!. Como que cho ían dicir a ti se o soubesen. A fin de contas só es un taxista espacial levando peixes gordos e secretos dun lugar a outro do Sistema Solar 
  • ¡¡Son Comandante estelar, Virtuditas!! Gañei o meu traxe dourado gracias ó meu longo currículo profesional nas Forzas Aeroespaciais Galegas. Participei nas guerras entre funcionarios e internos no ano 2124 ¿Cómo podes dicir iso coñecendo a miña folla de servicios? 
  • Dígoo porque o penso.¡¡Valente merda!! O meu sobriño Agostiño, fillo da miña irmá Remedios, sen tanto bombo hai tres anos que é vicesecretario terceiro do vicegobernador sustituto na decimoquinta lúa de Saturno. Amais de todo, ¿queres que che diga unha cousa? ...o traxe dourado faite máis gordo. 
  • ¡¡Déixate de lerias, Virtuditas!! Menos mal que non poden oirnos os outros.Perdería toda a autoridade que teño coa tripulación 
  • Sí lerias. A única leria é que estamos neste viaxe ao quinto inferno tendo que aturar a ese merda de ordenador que o fai todo e se cre graciosiño coas súas andromenas simplonas. Claro, o SEÑOR COMANDANTE non ten capacidade suficiente para levar a nave el só
  •  ¿Cómo podes dicir iso, Virtuditas? X.A.N.-04 é o único instrumento posible para poder percorrer distancias siderais sen perigo. ¿Quén se ía encargar de todos os complexos sistemas da nave mentres estamos crionizados 
  • Adrianciño ¡¡por Deus!!.Faltoume ao respeto. E un relambido con ese ton fachendoso e perdoavidas. E pedante, estúpido. Lémbrame o personaxe que había naquela película dos tempos antigos. Aquela de Ulises e os Cabaleiros da Táboa Redonda. 
  •  Ai miña raíña ¡¡vaia rebumbio tes na cabeza!!. Deberias saber que a voz de Xan-04 e así porque e cuspidiña á que tiña un presentador lexendario da antiga TVG. Un pequenete feo, con voz de corvo, que facía concursos e regalaba cartos as vellas pensionistas. Por outro lado, non confundas Odisea 2001 que si é unha película antiga, con a Odisea de Ulises que un conto heroico e que a súa vez non ten que ver coas historias dos Cabaleiros da Táboa Redonda que se desenrolaron nun tempo moi distinto 
  • Adrianciño, meu tesouro ...¡es tan sexy cando falas en ton transcendente!
  • Virtuditas, miña xoia, eu non falo en ton transcendente. Só me remito os feitos. 
  • Ben Adrianciño, falemos de feitos entón. ¿Por qué teremos que permanecer tanto tempo nese planeta de merda? Porque unha cousa é levar a eses señores e outra moi diferente que nos obriguen a estar alí polo menos un ano. ¡¡Un ano, Adrianciño, un ano!! ¡¡Un ano lonxe da nosa casa!! ¡¡un ano lonxe das nosas cousas, dos nosos amigos!!. ¡¡Un ano perdido nun satélite, onde só hai plantacións de grelos!! ¡¡Infinitos millóns de grelos!! Non volverei a comer grelos na miña vida. ¿Daste conta, Adrianciño? 
  • X.A.N.-04., faga ao favor: volva a crionizar a miña muller. 
  • Pero comandante...
  • Sen réplicas. 
  • ¿Qué vas facer, Adrian? ¿Qué vas facer? ¡¡¡Toleache!!! 
  • Non teño outra opcíon , Virtuditas. O delegado gubernativo ten unha difícil misión, xa que no caso de triunfar a revolta, o santo de Villalba non o queira, perderiamos a nosa principal fonte de recursos enerxéticos e Galiza deixaría de ser a superpotencia que é agora. Tes que recoñécelo, miña xoia, miña alma, meu corazón non é que sexas mala pero lurpia ...es dabondo. ¿Nonsi?

Para máis información: Xan Touciño Sueiro (Na Utopedia: a enciclopedia maligna)
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------


23 mayo 2007

Confesións dun superheroe


Xa sei que pensades que isto de ser un superhéroe é unha cousa ben doada. Basta con poñerse o disfraz e ala...¡a voar!. ¡Qué trabucados estades! Debedes crer que os criminais son parvos. Como se estiveran agardándonos cos brazos abertos, cando en medio das súas falcatruadas, aparecemos para mallalos en nome da lei, a xustiza e non sei que cousas máis.

Por certo, gustaríame veros a vos, voando nas noites de inverno sen rumbo fixo e cun frío que xea ata os pensamentos. E cando chove, e se te mollan as mallas e o mellor acabas collendo un gripazo de mil diaños que che deixa espotroado na cama durante catro ou cinco días. 
Non queridiños non, os superheroes non pillamos baixas por enfermidade porque non estamos na Seguridade Social. Tampouco podemos ter seguro privado pola altos riscos no noso traballo. Tan siquera somos profesionais, logo do rebumbio das noites, temos que voltar pola mañanciña á rutina dun traballo case sempre gris e aburrido, e dicir como todos.

Si, non vos estrañe, o voso benquerido Ultragalego é un tipo normal cando deixa a capa e o traxe de gala. Cando saca a camisa, as cirolas, o calzón, o chaleco, a chaqueta,  a faixa, e a tella da cabeza. Vaia ocorrencia a do anano obrigándome a levar semellantes farrapos. Mira que teimei dicíndolle que dese xeito ninguén me ía tomar en serio. Pero el nin caso, tiña que ser un superhome enxebre e non había máis que falar. Se coa miña facha puidese polo menos apañar algunha subvención da Xunta; porque digo eu, se hai cartos para a cría de miñocas...¿por qué non habería de habelos para un heroe tan choqueiro coma mín? Calei, estes fulanos cativos sonche moi rabudos e aínda que o meu anano non tiña pinta de funcionario avant la letre , dubido moito que quixera atender as miñas poderosas e xustas razóns.

Sigo pensando que estou ridículo e que se é por buscar algo que mostrase a miña condición de home do país bastaría co acento, pero non podo elexir. Terei que aturar, calar e seguir para adiante ...como bo galego que son.

17 mayo 2007

Imbécil


Imbécil.
Esa es la palabra que mejor te define.
¿No va el tío y me dice, como quien no quiere la cosa, que se ha quedado colgado de una chica que conoció a través de Internet?
Serás bobo.
Sueño con el día en que te pierda de vista definitivamente.
Ahí te quedas con tus vanas alucinaciones de adolescente otoñal.
Crece, coño, crece.
Hay que verlo para creerlo: el profesorcillo de Universidad corriendo detrás de una supuesta mujer que no ha visto nunca.
Por cierto...¿estás seguro de que es una mujer? ¿Y su tu amiguita fuera amiguito? Jejeje...como me divertiría verte hacer el ridículo.
Pero bueno esa es tu especialidad. Lo has hecho tantas veces. Desde el maldito día en que te conocí no has hecho otra cosa.
Como me arrepiento de aquella maldita hora en que me dejé envolver con tus palabras. Claro, yo era una niña de 4º que apenas había vivido la vida y tú el niño de oro de la Facultad. Mientras los de tu quinta malvivían con trabajos basura o preparando las oposiciones, tú ya tenías plaza fija. Encima eras jodidamente guapo y nos encantaba pasar una y otra vez por tu despacho para que nos ayudaras a resolver nuestras dudas casi siempre más imaginarias que reales. Y te fijaste en mí, la más tímida, las mas cortada, la que con dificultad intentaba articular alguna palabra en tu presencia. Sí, eras listo, y fuiste enseguida a la más boba. Seguro que comentaste con tus compinches: “A esta me la tiro yo”. Siempre fuiste un redomado machista debajo de tu barniz progre.Y lo conseguiste. Que fácil te fue ¿verdad?.
Tardé ocho años en caerme de la burra. Al principio me decía: “Alucinas, estás viendo fantasmas.El te quiere, a su manera ” Pero era una cruel mentira. Nunca dejé de ser para ti poco mas que un florero. Me llevabas a tus fiestas, donde nos encontrábamos con los babosos de tus compañeros, simplemente para que luciera el palmito. A los cinco minutos me dejabas a un lado, para que le hiciera compañía a alguna otra idiota, y te liabas en tus estúpidas y pedantes charlas donde nunca me dejabas intervenir. Las veces que lo intenté me echabas fuera con tu repugnante mirada de superioridad o con tus crueles comentarios:
Oye nena...¿no es mejor que te vayas a hablar con las otras chicas?
¿Cielo, por qué vas a la cocina y nos prepares algo?
Siempre rematando la jugada con tu venenosa sonrisa. Siempre buscando la complicidad del coro de tarados que te hacía compañía. En aquellos momentos, no me necesitabas. No se podía decir lo mismo cuando llegábamos a casa y creías que te merecías un premio. Tenías ganas de marcha, tu lamentable pobre marcha. Tengo que decírtelo, tu vida sexual se reduce a dos cosas: la eyaculación precoz y los ronquidos. Nunca te lo conté, pero es verídico: me llegó a asquear tu olor. Al final, tenía que disimular los vómitos que sentía las pocas veces que te acercabas a mí. Incluso en sueños te veía como un oso enorme y sudoroso que me acababa estrujando a pesar de mis gritos de pánico.
Necesité ocho años para apartarte de mí.

Ocho años de frustración, de soledad, de abandono.
Son ocho años perdidos y no lo olvido, porque en ellos ha muerto mi inocencia, mi juventud y mi ilusión por la vida.
Pero eso es pasado y las p0cos fuerzas que me quedán son para mirar al futuro.
Ya no hay sitio para tí en mi esperanza
Te quedas ahí, solito con tu ordenador y tus sueños infantiles.
Maldito cabrón, con lo que yo te quería.
Te tengo que dejar, el jefe me está mirando y ya sabes que tenemos prohibido enviar e-mails privados desde la oficina.Un beso
Tu churri

13 mayo 2007

Nunca falla


Responso de San Antonio
Si buscas milagros
mira muerte y error desterrados,
miseria y demonio huidos,
leprosos y enfermos sanos.

El mar sosiega su ira,
redímense encarcelados,
miembros y bienes perdidos,
recobran mozos y ancianos.

El peligro se retira,
los pobres van remediados,
cuéntenlo los socorridos,
díganlo los paduanos.

El mar sosiega su ira...

Gloria al Padre, gloria al Hijo,
gloria al Espíritu Santo.

El mar sosiega su ira...

Ruega a Cristo por nosotros
Antonio gloriosos y Santo,
para que dignos así,
de sus promesas seamos.
Amén.