08 septiembre 2007

Confesións dun superheroe V: Decisión crítica na hora meiga



(Traductor de galego en: Opentrad)


Aquela noite, na hora meiga en que se apagan os televisores é unha torrenteira de auga corre polos canos, estaba o voso servidor acochado a carón dunha fiestra, esperando ter o valor suficiente para lanzarse ao infinito.

Tres días antes chamaron á porta da miña casa, fun abrir e diante miña apareceu un paquete dourado sostido por dúas pernas miúdas, como de gato, embutidas nuns pantalóns cor anil.



  • Coño ...¡é isto!

  • E para vostede -dixo unha voz miúda dende debaixo do vulto- Pero por favor, teña compaixón deste pobre anano e axúdeme. ¡¡Vaime esmagar co peso!!

En realidade non pesaba nada, polo menos para min. Debaixo apareceu un pequeno casco de moto, do tamaño dunha cunca para o caldo e de cor lila, no que apenas podía verse a faciana sufocada, case fervente, dun homiño. O seu atavío era singular para un ser que evidentemente procedía da raza dos ananos de cova: levaba cazadora de coiro, camisa a raias e aqueles pantalóns anil que escentilaban estrañamente na penumbra do corredor. Inviteino a entrar mentres deixaba o paquete encima da mesa da entrada. Instintivamente decateime que dentro daquel fardel estaba a clave do meu futuro.


  • ¿Quere...quere tomar algo?- a penas balbucín
  • Si, claro estou realmente canso- O anano tirouse no miña cadeira favorita- ¿Tes licorcafé?
  • Non, non teño. Pódolle ofrecer outra cousa
  • Déixao, o único que me podería erguerme o ánimo sería un bo grolo de esa bebida.
  • ¿Moito tráfico polas rúas? –dixen eu, por dicir algo.
  • ¿Polas rúas? Non sei, supoño que si, aínda que non cho podo dicir con seguridade. Eu a penas me desprazo por elas
  • ¿Cómo é iso? ¿Entón como chegou ata aquí?

O anano botouse a rir a esgalla.


  • ¿Non pretenderás que eu vaia polo voso inferno automobilístico coa miña pequena Lisistrata? - Sen máis, meteu unha man no peto e foi sacando pouco a pouco unha longuísima pluma verde de case o seu mesmo tamaño. Aquelo parecía pura maxia.

  • ¿Verdade Lisistrata?,churriña. Eu nunca permitiría que colleras unha doenza por mergullarte con esas máquinas asasinas. Xa temos bastante coas ratas –Despois de acariñar a pluma deulle un bico e volveuna a meter no peto coa mesma indiferencia.

  • ¿Ratas di?

  • ¿Non as chamades así? Os vosos sumidoiros están cheos de ratas. Algunhas tan grandes como gatos. Non vexas o que custa canealas cando vou dun lado a outro montado na miña doce Lis.

  • ¿Ou sexa que os ananos usan os sumidoiros para desprazarse ...¿voando?

  • Sí claro, dende as nosas covas na Ananía temos comunicación directa co voso mundo a través dos sumidoiros. Cando os ananos mensaxeiros temos unha misión na superficie utilizamos os vosos canles subterráneos. Con todo, o peor momento é cando temos que erguer a tapa e saír fora, nunca sabemos o que podemos atopar enriba.

Interrompeu a conversa e sacou una reloxo de area da cazadora



  • Ben. Xa vai sendo hora de que me vaia, é tarde demais. No paquete atoparás as instruccións para o manexo do traxe. Tamén vai dentro un intercomunicador para que te poñas en contacto connosco se o necesitas

Foi ata porta con xesto seguro e rematou con aire grave e profundo:
  • Boa sorte meu amigo, necesitarala.

Trala súa marcha quedei un rato no sofá sen sequera folgos para abrir o envío. Aquela historia era moito para un tipo normaliño coma eu. Dende o principio, despois da primeira sorpresa na cova, decidira deixarme ir tal como se fose un pesadelo que máis tarde ou máis pronto terminaría por rematar. Pasou o tempo, e agora aquelo voltaba a min de xeito inesperado e no peor intre: estaba a piques de conseguir un posto como profesor contratado na universidade.

Foi unha longa tarde de tabaco, música e alcohol e xa cando comezaba a esmorecer o día botei un fondo suspiro e púxenme a remexer no paquete.

O primeiro que chamou a miña atención foi un rolo que semellaba de pergamiño. Despregueino. En letras góticas enormes, de cor vermella, estaba escrito todo un manual completo de como levar con xeito o uniforme de superheroe así como algunhas nocións básicas sobre técnicas de vóo con capa. Debaixo estaba a roupa, que fun sacando case con arrepío; e ó final de todo, atopei o que mensaxeiro chamara intercomunicador: dúas cascas cóncavas de piñeiro unidas por un fío delgado de liño. Non entendía aquel trebello. Puxen as cortizas nas orellas pero non escoitei nada. Probei a axitar o fío pero tampouco. Xa case desesperado, decidín golpear unha casca contra a outra. De súpeto, escoitei unha voz profunda saída de alí dentro.




  • Identifíquese, camarada.

  • Mire é que son...-un zumbido indicoume que perdera o sinal. Volvín a golpear as cascas esta vez con máis forza

  • Identifíquese, camarada.

  • Perdoe son o de antes...-outro zumbido e volta ó silencio

  • ¡Rediosss, ¿cómo carallo funciona esta merda? – berrei alporizado mentres lanzaba unha cuncha contra a outra de xeito brutal.


De súpeto a habitación quedou envolta nunha especie de fume de cor amarelo. Cando esvaeu a néboa apareceu diante miña a figura case familiar de Xan das Covas fumando placidamente nunha cachimba verde.

  • Ahhh es ti. ¿Quén se non? A túa brusquedade te delata. ¿Algunha novidade?

  • Estaba probando a cousa esta do intercomunicador. Por fin funciona.
  • Moi ben, vexo que xa estás preparado para iniciar o teu adestramento. Tes dous días para familiarizarte coa rutina teórica de vóo e ó terceiro comezarás a parte práctica.

  • Un momento, un momento...¿Está a falar de que dentro de tres días terei que poñerme a voar?

  • Exacto, ese e o prazo que tes. Calquera retraso podería ser funesto para a túa saúde. O traxe é moi sensible ós temerosos e lacazáns. Podería obrigarte a voar pola forza. Date conta que ten o que poderiamos chamar... vida propia.

  • Pero señor das Covas, eu non estou preparado... - case chorei
  • Non quero máis desculpas. Sabemos que ti es a persoa axitada e non hai outra cousa que dicir - fixo un chisco cos dedos e desapareceu entre a fumareda amarela.


Os días seguintes foron de verdadeira tortura. Enchinme a tomar tranquilizantes e anxiolíticos, lin todos os manuais de autoaxuda que atopei pola casa e arredores e incluso escoitei por fin as cintas de relaxación que me dera aquela psicóloga ilusa que pretendera curarme, no seu momento, da miña vella, familiar e naquel momento desexada depresión.

Descoñezo completamente o que senten os toureiros cando se poñen por primeira vez o traxe de luces pero estou seguro que a sensación non pode ser peor que a que experimentei aquel día vestido con aqueles farrapos e xa a piques de entrar na historia da estupidez humana.

Era unha noite triste de outono e un orballo preguiceiro acompañaba coa súa monótona letanía a miña desesperada determinación. Calaron os canos e a noite foise espesando naquel arrabalde marxinal da cidade chantado encima dun outeiro. Vivía nun vello piso de dúas habitacións alugado a baixo prezo ao que intentara gornecer con moi pouco éxito, condicionado polos meus mesquiños recursos. Dende a fiestra tiña unha ampla perspectiva da cidade e unha extensa matogueira separaba o meu edificio solitario das casas circundantes. Abaixo un pequeno tramo asfaltado permitía a entrada e saída á civilización sempre que o medio de locomoción non fose demasiado fachendoso.




  • Un, dous, tres... Non, non podo -supliquei á noite indiferente

  • Un, dous, tres... Sintóo... é imposible- repetín nun triste laio

  • Un, dous, tres ....

  • Salta dunha puta vez, ¡¡¡coño!!! -era unha voz grave e amenazante e saía dun lugar descoñecido do meu traxe.

Saltei.

19 comments:

  1. Más o menos lo entendí aunque se me hace difícil pensar en un antihéroe que al mismo tiempo es superhéroe. Pero los gallegos sois así para todo.

    Bernardo

    ResponderEliminar
  2. Lamentablemente, Bernardo para entender los pormenores de la mentalidad gallega se requeriría una enciclopedia con más tomos que esa antigualla maravillosa llamada Enciclopedia Espasa.

    ResponderEliminar
  3. Lo reconozco, me he reído muchísimo, como en los mejores tiempos de este Superhéroe a su pesar, pero que gracias a esa predestinación inesperada que a él tanto le abruma, nos regala momentos impagables.

    Además, el ritmo ha estado muy logrado, esos diálogos casi parecían sentirse en tiempo real.

    A este superhéroe, cuando está a punto de triunfar en una vida normal, si fuera posible triunfo y normalidad, el maldito enano siempre aparece para jorobarle ese cercano éxito.

    Es fantástico que se elija como superhéroe a alguien tan inseguro, tan frágil, tan necesitado de ayuda siempre, configurando esa contradicción tan atractiva de alguien destinado a ayudar a los demás, cuando consigo mismo es un perfecto, (aunque encantador, eso sí,), inútil.

    Lo del intercomunicador primitivo ha estado genial. De morirse de risa. Una cáscara contra otra y la respuesta: ¡Identifíquese camarada!.

    El protagonista debería sentirse agradecido por la posibilidad de volar. Eso sí, con el temor más que justificado de que ese traje ofrezca la más mínima seguridad.

    Mucho mejor ese vuelo sobre la ciudad, aún con canguele incluido, que la eterna indecisión soportada además con la ayuda de los penosos fármacos de las narices, mucho más maléficos que una torta contra el asfalto.

    Hay que plantarle cara al gris, sin ninguna sustancia química recorriendo las venas, ¡a pelo!, y si además se tiene la fortuna de poseer un traje volador, ya pueden darle concurso a la industria farmacéutica.

    Un vuelo de esa categoría, curaría la depresión más grave y además sin ningún efecto secundario –como no fuera la sensación excitante de volar y ver a los semejantes reducidos a la insignificancia que en realidad son (en su tamaño), pues en su categoría humana ya sabemos que la mayoría somos liliputienses- mucho mejor que 50 toneladas de Prozac.

    Mil veces el trajecito de marras y su vuelo que depender ni siquiera de un mg. de la maldita fluoxetina.

    Quedamos a la espera del éxito de ese primer vuelo y de sus próximas aventuras: superhéroe.

    ResponderEliminar
  4. Eu non estou tan segura de se non levará unha boa malleira, pobriño meu, é tan normal que ás veces non me da a risa porque sinto lástima, como se rir fora rir del, non sei, creo que empatizo demasiado co superheroe na súa faciana cotidián.
    ¡Menuda imaxinación, xefe!
    Aquí, corrixindo algunhas faltiñas... (ou erratas, claro) hai un bo libro. Cho digo eu.

    Me han gustado mucho los comentarios anteriores, supongo que al autor aún más XD

    ResponderEliminar
  5. Gracias por su texto Anónimo, su discurso es alentador y a ese pobre muchacho del texto que entiende dignidad por normalidad le ofrecería alguna perspectiva nueva que no había contemplado en su triste situación de dependencia.

    Lo peor es esa situación de desamparo. Ese no entender la causa de que el enano, después de darle lo básico, lo abandone a su suerte sin darle ese apoyo que precisa.

    El bueno de Ultragalego es un hijo de nuestro tiempo y necesita que se lo den todo debidamente masticado. Los enanos pertenecen a una época en el que el hombre era dueño de su destino y tenía ese espíritu de iniciativa necesario para vivir en un mundo hostil.

    Todo eso quedo atrás. Los enanos son extraños supervivientes de un tiempo heroico. Sólo un Pérez Reverte podría entenderles :-).Ultragalego tiene otro afanes, todavía al menos...

    ResponderEliminar
  6. Señora, Fauve. As posibilidades de levarse unha malleira por parte do noso personaxe son verdaderamente importantes non hai que ocultalo; pero pense tamén que dende a morte da épica como xénero literario, calquer heroe ten que ter algo de antiheroe para ser creible. Non sei se iso ten que ver co relativismo e a racionalidade contemporánea, con a desacralización da sociedade etc...
    Só no territorio dos comics existen heroes dunha peza pero aí tamén, na arte máis nova, estamos asistindo a unha sorte de desmitificación.

    Gracias polos seus comenatrios é procuraremos tanto o Chamán coma eu ser máis atinados nas cuestións ortográficas e de gramática.

    ResponderEliminar
  7. Este último párrafo suyo sobra, ya que a mí me falta un guiño cuando mencioné el asunto.
    Sin embargo la historia es un libro, se lo aseguro.
    Y que me dé pena el tortazo que se va a pegar es que usted ha conseguido algo realmente difícil: que un texto humorístico resulte creíble y real. Lo vivo y lo siento, también me río y también me da miedo de lo que le pueda pasar. Estoy más enganchada que otros a los culebrones, no tarde mucho en seguir, por favor.
    Ultrasaludos.

    ResponderEliminar
  8. Ya que hay tan buen rollo con este superhéroe, le pediría un favor anticipándome a su próxima dedicación a salvaguardarnos y a ayudarnos a los pobres mortales de a pie, le pediría que si tiene posibilidad abra LA MENTE A TODOS LOS GALLEGOS DEL INTERIOR.

    Tal vez sospecho inadecuadamente que en la costa esas mentes estén más abiertas, si no fuera así, que se la abra también a ellos.

    Sí, los héroes al final quieren conquistas vistosas: capturar pirómanos con la cerilla en la mano, abortar atentados, o pillar con las manos en la masa a algún delincuente ecológico arrojando vertidos tóxicos en uno de nuestros ya cloqueros ríos…

    Pero algo tan humilde como conseguir erradicar toda esa podredumbre ideológica y ese servilismo militante y empecinado de muchos paisanos del noroeste, todavía rindiendo pleitesías al rancio abolengo, aceptando cortapisas y coacciones para el progreso razonable y sostenible para muchas de sus poblaciones anquilosadas en un provincianismo infame (y no me refiero a la estética, que me importa un carajo), eso no es tan vistoso, pero tan imprescindible como respirar.

    La unidad no se sabe lo que es aquí en el interior. Si es que se sabe en alguna parte.

    Con todo el bombardeo de información que se disfruta en la actualidad, con unos medios que te ofrecen el globo al instante, con unas tecnologías que te ponen al alcance todo, en cambio esos cerebritos tan reaccionarios, en esta época en la que todo es tan guay.

    Instrucción, cultura, avances, y sin embargo ideológicamente en la prehistoria.

    Juzgando al otro permanentemente. Inmiscuyéndose en la vida ajena.

    Incapaces de conseguir una vida plena e independiente, sin necesitar para nada el beneplácito de una comunidad realmente anacrónica e insoportable.

    Tiene trabajo Ultragalego, si quiere tomárselo en serio, empezando por sus paisanos, a los que debería trepanar el cerebro de parte a parte e introducirles vientos alisios que barran de una vez todo ese poso anquilosante, lleno de prejuicios que han sido y son todavía la causa del imposible entendimiento entre nuestros congéneres.

    No, usted no se dará una torta.

    Lo han elegido muy bien. Tiene la sensibilidad suficiente. Algo muy infrecuente en estos tiempos tan utilitaristas.

    Así que después del privilegio del vuelecito de marras: ¡Póngase a trabajar en su primera misión!, trepanar cerebros e introducirles la esponjosidad necesaria para este siglo que se da tanto pisto en maquillaje, pero que detrás de esas capas, hay auténticos caciques con vocación de seguir siéndolo y engendrar censores a perpetuidad.

    Ya nos dirá algo. Sí es una misión con podo pedigrí, pero si usted quiere ser héroe de verdad, debe asumir el ostracismo como peaje ineludible de todos los filántropos.

    ResponderEliminar
  9. Anónimo, pide usted cosas muy difíciles para un aprendiz de superhéroe que ni siquiera domina los instintos secretos de su traje.

    Será cuestión de proponérselo, pero es una tarea demasiado compleja y el esfuerzo combinado de todos los héroes de la historia quizás no conseguirían grandes resultados.
    La cosa esa de las mentalidades está muy arraigada en esa gente del interior. Esa es la historia de una frustración colectiva, muchos palos a cuestas, que ha generado una mentalidad adocenada, servil y que rinde culto desmedido al poderoso en tanto en cuanto de él emana las decisiones que marcan la vida cotidiana de la gente.
    Tampoco es justo simplificar la situación y descalificar a la gente sin más. Hay cosas muy positivas en esa mentalidad. Por ejemplo: un cierto sentido de la solidaridad que se ha perdido en el ámbito urbano.

    El problema actual, lo más terrible, es que se combinan los peores defectos de la mentalidad ancestral con los peores defectos de la cultura urbana y en ésto tiene mucho que ver la llegada del consumismo exacerbado y desmedido a las zonas rurales.

    Respecto a lo de trepanar cerebros déjelo en manos de este doctorcito, ya que ese es mi territorio. El bueno de Ultragalego es más eficaz en temas de más imperiosa urgencia como ya demostró en el asunto de los peajes de la autopista. Esos peajes físcos lejanos a aquellos sometidos al indeseable ostracismo.

    ResponderEliminar
  10. Siento disentir doctor, yo no veo la solidaridad por ninguna parte y hace mucho tiempo que vengo a estas tierras del interior.

    De la cultura urbana, como usted mallallama (y lo siento), no han recibido nada positivo, y lo tiene, el caso del auténtico respeto a las opciones ajenas, por inverosímiles y descabelladas que éstas fueran. En las ciudades si se pudiera resaltar algo positivo, sería sin duda, ese acertamiento, aunque fuera por indiferencia, a todas las opciones, razas, militancias y sobre todo un desinterés por la vida de la gente.

    En el interior de Galicia, el caciquismo es algo realmente preocupante, las instituciones van a su puta bola, y los ciudadanos no se atreven ni a protestar, guardando una sumisión y servilismo impropias del siglo XXI.

    Ahora no se quedan cortos a la hora de cobrar impuestos comparados con unas infraestructuras tercermundistas de puta pena. Ni siquiera asfaltan las calles.

    En el pueblo en el que me encuentro en estos momentos, del que eludiré el nombre deliberadamente, la gestión del municipio ha sido vergonzante. Y sus ciudadanos acoquinados, y nada de solidaridad, oiga, “que cada un chore cando lle toque”.

    Sí, el Ultragalego ha sido destinado para conquistas más vistosas, pero desde luego lejos del ciudadano casi siempre, como en el caso de los políticos estatales, viviendo en una irrealidad permanente que los imbéciles ciudadanos les ponemos a huevo, participando en sus debates absurdos, surrealistas y como siempre, lejos de la realidad, en un politiqueo de salón infame, para lucimiento y distracción de la masa atontada.

    No, no tiene solución el asuntos, pues los legados siempre están a punto para perpetuar los anacronismos, y además justificarlos con esta época aperturista, que pese a sus errores y su banalidad, es mucho mejor que aquella con tanto lirismo pero falta de libertad.

    Mejor 358 palabras con libertad, incluso para ser unos garrulos libremente, que un lenguaje rico, obsceno y torticero, que precisamente se sirve de esa riqueza para deslumbrar y bajo ese deslumbramiento no hay realmente nada destacable ni digno.

    No les hemos dejado nada interesante con nuestro idealismo obsoleto a estos jóvenes de hoy, por lo tanto yo no les reprocho ni su pasotismo, ni sus vicios, ni sus excesos, ni su aversión a una cultura que nunca ha civilizado al ser humano, sino que lo ha empachado y alejado de las realidades cotidianas, viviendo una lujuria cultural y abstracta, en la que se ha demostrado que detrás de ella no había ABSOLUTAMENTE NINGÚN CONTENIDO RESEÑABLE.

    Sí, trepane usted y que vuele el otro. La cerrazón seguirá siendo invencible. Y los intelectuales de hoy seguirán siendo una casta infumable, inservible y adocenada, añorando unos laureles y trinos que han demostrado no servir absolutamente para nada.

    Por eso esos jóvenes zafios, sintéticos, viciosos, vagos, y borrachos, tienen todo el derecho a optar legítimamente a esas opciones, pues son lo único que les hemos dejado, todos aquellos antecesores soñadores e idiotas, que en nuestra imprevisión no fuimos capaces de ver que de aquellos lodos, lógicos son estos barros.

    Y perdone la mezcla de los dos temas. Al final héroes, juventud garrula, mentes cerradas e interesadas, herencia censora y patriotismo barato, viene a ser todo lo mismo.

    ResponderEliminar
  11. Existió esa solidaridad, Anónimo. Pregunte a los viejos, a los supervivientes de la guerra civil. Habís solidaridad en las faenas agrícolas, la malla, por ejemplo. Se entregaban alimentos a los necesitados, a los huérfanos o a los parientes de los perseguidos o de los que directamente se habían echado al monte.

    No, no hablo de las pequeñas villas con su mundo represor y mezquino, hablo de la verdadera gente del rural, habitantes de aldeas y parroquias.

    El despotismo y el caciquismo es una consecuencia del abandono. El abandono genera al conseguidor, el hombre que es poderoso porque sabe llegar donde no llega el pueblo común y más o menos ignorante.

    Lo que dice de los jóvenes es una verdad relativa. Simplemente hemos llenado con cosas lo que hubiera tenido que ser llenado con sentimientos. A falta de éstos, el hombre necesita esconder sus vergüenzas tras los objetos que consume.

    Desconozco si otros lodos producirían barros diferentes, ya que deconozco si cabe la posibilidad de un mundo posible diferente del que antes nos tocó vivir o si le gusta más, soñar.

    ResponderEliminar
  12. Doctor, créame que siempre me sorprende. Usted debió conocer otra “malla” diferente a la que conocí yo en mi infancia. Un acto colectivo que me llenaba de alegría y euforia. Nunca he podido olvidarlo. Me parecía algo tan ajeno y a la vez tan mágico.

    Aquellos campesinos hiper-laboriosos (¡Eso es trabajo, y no las idioteces que hacemos ahora!), laboriosos y alegres, aprovechando cualquier circunstancia para la risa, incluso para el ligoteo más sano y primitivo. Aquellas mozos y mozos, tan guapetones la mayoría, y no es cuento, tan lozanos, entregados a una labor tan ingente que ahora una maquinita de nada hace en un plis plas.

    Pero tampoco veía solidaridad. Era un intercambio. Un día se mallaba en una casa y al día siguiente en otra. Intercambio y mucho trabajo para las cocineras de la casa que no paraban de preparar comida copiosa para todos los trabajadores.

    Los habitantes de aldeas y parroquias que yo conocí y todavía conozco son muy egoístas, muy individualistas, muy ambiciosos. Explotados en su condición de caseros, por unos amos expoliadores durante mucho tiempo, heredaron esa usura, esa desconfianza eterna, ese mimetismo de parecerse a ellos en cuanto tuvieron oportunidad.

    Los minifundios han ido desapareciendo poco a poco, gracias a la emigración, y los que quedaron se han dedicado a comprar esos terrenos por poco dinero y tener hoy grandes extensiones.

    Algunos los aprovechan para el alimento del ganado, que ya mayoritariamente se cría en granjas, ya que pocas vacas pastan al aire libre.

    No han funcionado las cooperativas, la mayoría al menos, y son pequeños empresarios familiares, peleados constantemente con las multas sobre la cuota de la leche.

    El interior de Galicia es de una belleza geográfica difícilmente igualable por ningún otro que yo haya visto.

    No es sólo el paisaje, es el ambiente, es un embrujo irresistible, se siente ulular el viento de una forma subyugadoramente tenebrosa. La vista no puede abarcar esas alfombras de los prados interminables. Las arboledas meciéndose. La sinuosidad de los senderos, carreteras comarcales, en las que se espera encontrar una aparición…

    La costa de Galicia ha sufrido mucho más. El ladrillo y el turismo le ha quitado su esencia.

    En el interior todavía quedan paisajes virginales y nada conocidos. Da igual si es una fervenza olvidada, que en su soledad quiere alcanzar la categoría de catarata, ya que no tiene nada que la ningunee con majestuosidades superiores. Da igual si es un castillo abandonado junto a un molino. Da igual si es un convento encantador, tras un sendero inquietante y cuando aparecen sus ruinas, te da la sensación de que es algo irreal.

    Todo ese paisaje que no viene en las guías afortunadamente, y que sólo gracias a los paisanos, eso sí, orgullosos de esa lujuria de paisaje, te llevan para encandilarte, y te encandila, ya lo creo.

    Lo dejo aquí doctor, siento haberle dado este cariz de debate a un relato divertido, como siempre lo es el del Ultragalego. Pero estoy en las puertas de abandonar este noroeste interior, tan amado y detestado al mismo tiempo, y eso siempre me enrabieta, ante la perspectiva de un año en el remolino del estrés urbano y yo también ponerme “un traje de zombie” que no sólo no sé como funciona, y no tiene ningún intercomunicador con instrucciones, sino que si pudiera lo tiraría a la basura.

    Sólo insistir que a mí no me disgustan tanto como a usted estos jóvenes de hoy. ¿Cosas en lugar de sentimientos, ha sido la herencia?. ¿O más bien una innecesaria necesidad de ideales, inservibles hoy, les ha hecho más utilitaristas, menos románticos, pero mucho más libres que nosotros, sin ningún prejuicio, con sus mentes preparadas para recibir cualquier opción diferente a la suya sin escandalizarse…?

    Yo les envidio, hubiera cambiado mi juventud por la suya.

    Nuestra época llena de sentimientos (tampoco demasiado sinceros) e ideales frustrados, me ha parecido una estafa a lo largo del tiempo, y encima tuvimos que sufrir la falta de libertad y de opciones, muy condicionados por unas limitaciones que ponía una sociedad pacata, puritana, enferma de liturgia y misticismo, y unos intelectuales que se vendieron a la primera de cambio, los que sobrevivieron, por supuesto.

    ResponderEliminar
  13. La malla era un intercambio pero de muchas ocosas más allá de lo meramente económico. Era un intercambio de vivencias, de fiesta, de palabras, eran hermosas noches de verano cantando, bailando al sonido de una gaita y dormitando todos juntos bajo las estrellas.

    Dichoso usted que descubre en la apatía de la juventud actual motivos positivos que a mi se me escapan. Yo veo aburrimiento, espíritu tribal, falta de personalidad, exceso de prejuicios, maltrato, machismo, abuso de sustancias alienantes como paliativos de la vida real, falta de respeto etc... Nosotros equivocados o no pretendíamos ajustarnos a un código ético y sólo la pretensión de tener un código ético mejora algo nuestra insoportable condición humana.

    Gracias por sus apreciaciones, Anónimo

    ResponderEliminar
  14. Eh, pare un intre ¿Déronlle permiso pro despegue dende a torre de control?

    ¡Qué insensatez! a que pode bostede liar se bate con algún outro aparello.

    ResponderEliminar
  15. Ultragalego e case como vostede Corsario non necesita patente para usar so seus poderes en beneficio dos que o necesitan

    ResponderEliminar
  16. Ultragalego, diríxome a vostede coa magoa na ialma polo que está acontecer nesta nosa terra.
    Saiba vostede cós bermes e alimañas do Pazo Do Forno porfían en votares está nave a pique.

    ¿Qué galego poden impor (isto soio de impor xa é barbaridade) quenes nunca falaron nin coñecen noso idioma?

    E por iso que voume deixar xa de tanta leria e falar e escribir o galego que se fala na Galiza máis enxebre, o galego noso: De todos. E non o galego dos señoritos.

    Con to con vostede pra defensa do noso; y empezarei por correxir as entradas do meu blog.

    Un saudo.

    ResponderEliminar
  17. Lembre Corsario que despois de un tic sempre ven o tac. A vida é un permanente tic tac. Primeiro a babor, logo a estribor. Supoño que calquera forma equilibrada é máis siono que realidade.
    Sorte na súa defensa do galego enxebre e se ve por aí un lingüista ocioso doulle patente para que lle dea una patada no cú tal que se fora un fillo da pérfida Albion.

    ResponderEliminar
  18. Moitas grazas, non esperaba menos de vostede.

    ResponderEliminar