31 enero 2008

Confesións dun superheroe VII: Necesito un GPS


  • Necesito un GPS.
  • ¿Un GPS? ¿Onde se viú un superheroe con GPS?
  • Pois serei o primeiro. Débolle moito, Xan, pero non estou disposto a seguir perdéndome entre a néboa nocturna un día si e outro tamén. Sin GPS non me xogarei máis o pelexo.
  • ¿Ameazas cunha folga? ¿Cómo podes chegar tan lonxe?. Está ben, terás o GPS.
Ou sexa que o domingo decidín estrear o meu novo aparello de navegación facendo unha curta viaxe a Costa da Morte.
Era unha mañá soleada do mes de xuño e pillei un bo cabreo vendo a aqueles pobriños paganos
en ringleira ante o peaxe de Arteixo. ¡Qué roubo!. Ganas me deron de facer unha desfeita pero lembrei a tempo que aquel día non estaba de servizo.
Virei cara á costa deixando detrás a fermosa praia de Barrañán; a Caion
, alí espetado como navío averiado no mar , a Baldaio, coa súa animada lagoa; as fermosas dunas de Razo e finalmente pasei como un furacán por Malpica,antes de chegar as Sisargas.
Un antigo soño meu era darme una garbeo por aquelas illas e de paso pegarlle un susto as gaivotas voando entre elas como ave de presa. Era a miña venganza frente ao seu atrevemento en forma de antigas defecacións inoportunas en calquer intre e lugar. Fixen dous viraxes espectaculares
caendo dendo o ceo con derrapaxes dignas dun artista do monopatín e cando máis emocionado estaba, no meu terceiro voo ra sonou a bucina dun barco de baixura que pescaba na zona. Un altofalante empezou a bramar:

  • Tí, o da capa. Lisca de aí que vasnos asustar aos peixes. Se tes gañas de xogar vai mellor mar adentro que ista é zona de pesca.
Señor, señor que vergonza sentín. ¿De que sirve ser un superheroe eficiente se te pos vermello cando alguén te pon en evidencia?
Marchei de alí e fun cara una cala escondida preto da vila para vestirme de novo de home normal. Pronto estaría diante dun riquísimo rape adobiado con unha morea de patacas feiticeiras e un mollo superlativo. Tamén tería relacións íntimas con aquel increible pan do país e cun fastuoso viño branco polo que devecía dende había semanas...

  • Chascarraschas, chascarraschas.
  • Santo ceo, chama o anano. Seguro que me amarga a festa.
Amargoume a festa.

  • Ultragalego, ista mañá os Tranco tomaron o pazo do seu avó e colleron de refén ao delegado da consellería. Tes que ir alí é facerlles entrar en razón.
  • ¿Facer entrar en razón aos Tranco? Iso vai ser imposible, non coñecen semellante cousa. Están afeitos a facer sempre o que lles peta sen dar explicacións a ninguén.
  • Pois terás que facer algo.
Fixen algo, pero mellor volo conto outro día. Hoxe estou canso de tanta leria e nin siquera tivechedes o xesto de invitarme a tomar algo. Desagradecidos.

1 comentarios:

  1. A este héroe le espera una buena. Con GPS o sin él.

    ResponderEliminar