07 junio 2007

Confesións dun superheroe II: Encontro inesperado


(Continuación de: Confesións dun superheroe)
Debería contarvos a historia do anano. Se non fora por él, pode que nestes momentos en vez de ser un superheroe pobretón e chorica, fose un home importante, fachendoso e sobre todo...con cartos. Un profesor de universidade, un arqueólogo de fama mundial, un alto funcionario de moito ringo-rango. Con dúas casas, dous coches, tres pagas, unha biblioteca de cinco mil volumes mirando ao xardín, a posibilidade de amantes, anos sabáticos, viaxes a esgalla, condecoracións...
O cabrón do anano fodeume a vida. ¡Mal raio o parta!
Todo comezou cando rematada a carreira conseguín unha bolsa para traballar nunhas escavacións arqueolóxicas pola zona de Lugo. Podédelo imaxinar, porque sempre é igual: os bolseiros deixando os fígados en medio da calor do verán, con calos, maniotas e dores nas costas cada noite, e os señores arqueólogos de “buen rollito” pero sen dar un pao a auga. Escórnaste traballando para que ao final nin siquera apareza o teu nome na máis miserable das revistas arqueolóxicas. E mellor que sexa así, porque cando aparece e ao final dunha longa ringleira de nomes algún dos cales ninguén viu na maldita escavación.

Un día estaba eu escaravellando nun foxo, lonxe dos meus compañeiros, cando de súpeto, removendo coa pá, apareceu alí debaixo un enorme burato. Fixeime ben e vin que semellaba a entrada a unha cova. Sen pensalo dúas veces, collín a lanterna e metinme dentro dun chimpo. O principio o corredor era estreito de máis. Logo ancheou o mesmo tempo que medraba en altura. Levaba percorrido uns bos douscentos metros e notei de pronto que dende lonxe chegaba unha luminosidade miúda. Seguín andando, xa non necesitaba a lanterna e decidín apagala. Por fin entrei no que parecía unha especie de cámara central. Era un gran espacio circular feito na rocha que tiña no medio un penedo redondo en forma de altar. Quedei un rato ollando o recinto ata que de súpeto escoitei unha tose detrás miña. Xirei o corpo cheo de medo e quedeime apampado: alí, fronte o meu corpo tremente...había un anano. O suxeito ía vestido dun xeito curioso. En realidade parecía un gentleman duns sesenta centímetros de altura. Bombín, bastón con puño de almafí, gabán, traxe cumprido, chaleco de veludo, reloxo dourado de cadea, zapatos acharoados.Aquel homiño era todo un figurino. Polo demais tiña a pel de cor verde e unhas enormes orellas de coello que mostrou cando me fixo unha elegante reverencia de benvida. Logo comezou a máis estraña conversa da miña vida.
-Good morning my friend- saudoume coa voz grave de vello bebedor de augardente.
-Dis...dispense ca... cabaleiro pe...pero se hai que fa...falar en inglés, comigo pouco po...poderá co...contar.
-¡Que o demo me leve se iso que estou escoitando non é galego!
-Si, si que ó é . Po...pódollo ase... sesegurar.
-¡Mil diaños confundan ó merda do mago! ¡Cómo me puído enganar así!
-Pe ...perdoe pe...pero non sei de que fa...fala .
-Ben eu cóntocho, pero ti deixa de tatexar que xa me estás poñendo nervioso de máis. Mira, resulta que hai cento cincuenta anos aproximadamente segundo o voso calendario, chegou por aquí un meigo medio tolo que sostiña que era capaz de velo futuro. Contoume un montón de historias e entre elas unha que me chamou a atención. Dicía que nun século ó inglés sería o único idioma falado no mundo. Por iso hoxe, cando sentín que ía ter visita púxenme as miñas mellores galas e decidín sorprender ó intruso cos meus modestos coñecementos na lingua de Shakespeare.
-Déixame abraiado, señor.
-De señor nada, trátame de ti. Pero antes como bo cabaleiro terei que presentarme: o meu nome na linguaxe da xente miúda é Gfunderkaltstesick aínda que en cristián me chaman Xan das Covas. Ese o alcume que teño entre a vosa xente. Pero dime ¿que fas aquí abaixo?. Este non e lugar para os da túa especie.
-E que…-custábame falar pero xa non tatexaba- estou nunha escavación arqueolóxica.
-Non me digas -contestou con retranca-¿Non serás deses que queren furar a terra en pos de riquezas e todas esas cousas polas que toleades os da túa raza?
-Non señor, en realidade buscamos restos do pasado.
-¿Restos do pasado?. ¿Para qué os queredes?
-Supoño que para coñecer mellor a nosa historia -respondín con sorprendente soltura.
De súpeto o anano soltou unha tremenda gargallada que fixo tremer toda a cova.
-¡¡O que me faltaba por oír!! Agora queren coñecer a súa historia. Mira rapaz, eu xa son moi vello e lembro que cando era cativo gobernaban no voso mundo reis poderosos e guerreiros destemidos aínda que tamén había mulleres engaioleiras…non me esquezo dunha en particular, chamábase Belisinda e durante un tempo foi a raíña do meu corazón…pero esa é outra historia que non vou contar agora. Prosigamos, como che dicía, teño unha longa vida detrás e polo que teño visto e mirado vós, os homes, sempre fostes igual de vaidosos e ignorantes. ¡¡E inútil saber a historia!!.
O anano falaba con tal contundencia que preferín calar, non fora que me enviase algún feitizo como teño lido nos libros do bardo Cunqueiro. Pero o condenado axiña decatouse das miñas intencións.
-¿Qué fas aí calado como un paspán?. ¿Tesme medo?. Pois debes saber que eu podo darte a ocasión de mudar de fortuna. ¿Gustaríache ser un superheroe?
---------------------------







13 comentarios:

  1. Pois sí que se está a poñer interesante este conto!!!!
    Ponme medo do que podas argallar na seguinte entrega.

    Compráceme que fagas unha chiscadela aos ananos de xardín (a descrición que fas é cuspidiña). Eles son os protagonistas dos nosos soños, os que nos recollen no seu colo e non acariñan amosándonos un mundo cheo dos desexos máis escuros e as fantasías máis máxicas.

    Non te derrubes, meu. Segue a túa andaina e non deixes de contarmos, unha e outra vez, esas tolerías tan fermosas.

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Graciñas Maripili.
    Mais medo teño eu xa que non sei por onde me levará iste antiheroe superheroe chorimiqueiro e galaico. Mellor que o decida él que ben sabe de que vai o choio.
    Non te fies dos ananos de xardín, e dos seres máxicos en xeral, teñen un humor imprevisible e cando pensas que os tes no bote fan algunha falcatruada non prevista.
    Non penso derrumbarme, que son moi grande e logo cóstame moito erguerme
    Saudiños
    CHT

    ResponderEliminar
  3. Bien, he de reconocer que debo tener algún problema con los colores y eso que no soy daltónica... así que para leer tendré que copiar y enganchar estos contos dun superheroe para poder leerlos con calma y tranquilidad... pues, encima tengo que traducirlos la cual cosa es superinteresante por una parte y superlenta por la otra... (emoticono con un guiño)

    me llevaré estos contos a mi playa, impresos en papel blanco con una letras negrotas para que resalten bien.... jejejejejeeeeeee

    aún y así, ahí queda un beso catalán.

    murruacksss!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. A mí me pasa como Embolic, que tardaré algo más de la cuenta para leer por aquello de traducir... pero no dude de que lo haré.

    Gracias por invitarme a sumergirme en estas letras.

    Un honor esta refrescante zambullida.

    ResponderEliminar
  5. Gracias, Embolic agradezco lo que hace.Incluso el empeño le dará más fuerza a mis pobres esfuerzos por escribir algo que pueda interesar a alguien más allá de mi mismo.

    ResponderEliminar
  6. Laguinda es un honor tenerla por aquí. Espero que le gusten mis escritos y si no fuera así no dude en exponer su opinión. Este es un territorio abierto para pasear libre y tranquilamente y sé que puedo aprender mucho de su visión del mundo.

    ResponderEliminar
  7. Iso pasalle por facer caso o condenado inglés. ¿Quen lle mandou fiarse do bombín?

    Hay que joderse.

    ResponderEliminar
  8. Era bombín porque era anano.
    Se fose moi grande sería bombón ¿é quen se resiste a un bombón?
    A miña dúbida é que pasaría se non fose nin grande nin cativo ou sexa, nin chicha nin limoná...¿habería que chamalo bombeiro?

    ResponderEliminar
  9. Bastardo, creo que se di bastardo en inglés; e na Inglaterra, como son escasos os ananos e xigantóns, todos pasa por bastardos.

    Desculpe; pero eu, como xa sabe, odio o inglés, ó inglés e ao inglés.

    ResponderEliminar
  10. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  11. Moi ben sacado, Corsario. Xa sabe que Bond orixinalmente chamábase Bastard e a expresión correcta era:Eu son Bastard, James Bastard. Pero como os british son un pobo de reprimidos decidiron cambiarlle o nome por ise aséptico James Bond (=Jaime Bono))

    ResponderEliminar