13 febrero 2007

¿Qué nos importa o que poida pasar?


  • ¡¡¡Non cabemos máis!!!
  • ¡¡¡Temos dereito!!! Levamos moito tempo esperando e agora chegou a nosa oportunidade
  • Non cabemos máis, o armatoste non da máis de sí e a máquina pode estoupar
  • Ese non é o noso problema. Loitamos, gañamos a nosa praza e agora queremos o que lexitimamente nos corresponde
  • E imposible, isto está cheo
  • Apretade os petos. Encollede o bandullo. Xa veredes como todos temos sitio de sobra
  • ¿Por quen nos tomades? A nosa antigüedade garantiza o espacio ocupado polos nosos corpos
  • Botade entonces aos interinos e veredes como hai sitio para todos
  • Iso é absurdo, os interinos son os únicos que saben manexar a máquina
  • ¿Ninguén con praza manexa a máquina?.Entón ¿cal é o voso traballo??
  • Depende. Uns vixian aos que manexan a máquina, outros supervisan aos que vixian o manexo da máquina, logo están os coordinadores dos supervisores que vixian aos que manexan a máquina e finalmente están os que dirixen aos coordinadores dos supervisores que vixian aos que manexan a máquina. Cada un temos unha función específica e non podemos facer un traballo que non nos corresponde según función, categoría e salario
  • ¿E os dos sindicatos non fan nada?
  • Deixádeos tranquiliños. Eles xa fan bastante repartindo sorrisos e poñendo cara de esforzo cando non fan nada, para que encima lles esixamos facer cousas importantes.
  • Entón, non hai saída. Isto vai rebentar
  • Pode. Pero mentres estemos aquí quentiños, lonxe da friaxe de fora ...¿qué nos importa o que poida pasar?

2 comentarios:

  1. Me gustó y mucho... la parábola??? historia? cuento? acertijo.

    Me gustó y mucho poder leerlo en gallego.

    Cuando estés generoso... ¿me lo prestas para mi capsa màgica?

    ResponderEliminar